Discussió:Regne de Galícia

El contingut de la pàgina no s'admet en altres llengües.
De la Viquipèdia, l'enciclopèdia lliure

Este arquivo é máis falso ca Xudas! Non sei como non se vos cae a faciana da vergoña. Amais se aínda fose un arquivo da wikipedia española... poderíamo esperar... Pero sendo da catalá... Non o entendo. Ou ben é porque descoñecedes a historia de Galiza, ou ao millor é que seica vos queredes face-los tolos, non sei... Pero lémbrovos que Galicia nunca deixou de ser reino, perdurou dende o 409 d.C. ata 1833, sendo así o primeiro reino da Europa Occidental post-imperio romano, o primeiro en instituír o catolicismo de xeito oficial, e o primeiro tamén en cuñar moeda propia. Os visigodos malia que engadiron o reino suevo ó deles, a península ibérica seguíuse a dividir en 3 entes, Hispania, Septimania e Galicia. Após de que os visigodos da Hispania fosen conquistados polos musulmáns, o reino da Gallaecia (que co tempo remataría evolucionando ata chegar ao Galicia/Galiza de hoxe en día) seguiu ficando ceibe de mouros. E iso ao que a xeración do 98 chaman reino de León, por puro nacionalismo español-castelán, non foi máis ca a capital do Reino de Galicia, Do mesmo xeito que o foron Braga, e Asturias. (A reconquista xurdiu en Asturias, terras pertencentes ao Reino de Galicia.) Máis tarde a capital pasaría de Asturias a Léon, que foi cando se independizou de Galicia, o condado de Portugal, que ao se espallar cara o sur, foise "desgaleguizando", ata xurdir a nova lingua nacida do galego, chamada portugués. Tamén é nesa época cando se independizou o condado de Castela, que nun comezo non era nada por certo... E ao se independizar Castela, ocorreu un tanto do mesmo, Castela continuou pola súa conta a reconquista cara o sur, até que máis tarde, engadiu á cidade de León e mais a Asturias ós seus dominios. Finalmente Galicia remataría ficando tamén so dominio castelán... Botádelle unha ollada ás wikipedias francesa, inglesa, galega e portuguesa entre outras, e xa me diredes... A Hispania musulmá, chamada polos musulmáns Al-Andalus, pra se referir ó territorio cristián, empregaba sempre o nome de jalikiah, termo que os nazi-onalistas da xeración do 98 como Modesto Lafuente traduciron polo nome de Reino de León.... Penoso. A época na que se produce a decadencia da cultura e da literatura galega, por mor de estar so dominio castelán, denomínase "séculos fuscos" ou "séculos escuros" (Sigles foscos, a català).

Mirade a wikipedia francesa, inglesa, portuguesa, galega, facede favor... http://fr.wikipedia.org/wiki/Royaume_de_Galice

E que non se vos esqueza, que se Catalunya é unha nación, Galicia o é tanto ou máis, se cadra.